Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios aos gañadores do Torneo de Xadrez de Burela

031015 Foto premios axedrez BurelaBurela, 3 de outubro de 2015.- Na sala de prensa do Concello burelés tivo lugar este sábado ó mediodía a entrega de premios aos gañadores do Torneo de Xadrez, que se desenvolveu o pasado mes de agosto coincidindo coa Feira do Bonito. A cita foi organizada pola asociación Reyes y Peones e pola Concellería de Cultura. Establecéronse tres categorías: menos de 10 anos, de 10 a 16 anos e adultos. Este sábado os gañadores, campión e subcampión de cada categoría, recibiron os agasallos que lles foron entregados polo edil José Díaz e polo presidente de Reyes y Peones, Julio Delgado.

Exit mobile version