Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do II Concurso de Fotografía Medioambiental de Xove

premios-fotomediambiental-xoveO Concello realizaba este mércores a entrega de premios do II Concurso de Fotografía Medioambiental de Xove do que se proclamaban vencedores Tatiana Fraga, na categoría xuvenil (menores de 18 anos) por “Atención que ven oleaxe” e Juan Antonio Fernández, na categoría de adultos, por “Contaminación lumínica”.

Ambos recibiron cheques por valor de 100 euros; mentres que o segundo clasificado na categoría de adultos, Antonio Herrera, recibía 75 euros por “Cabo de Morás”; e o terceiro, Francisco López, 50 por “Á beira da Illa de Ansarón”.

Xunto ós premiados e a premiada, participaron no acto o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín; e os membros do xurado José María Alves e Javier Arca.

Exit mobile version