Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Suárez asinou coa ministra de Fomento e coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda os convenios dos Aris de Ribadeo e de Rinlo

271015 Foto sinatura convenio A CoruñaRibadeo, 27 de outubro de 2015.- O alcalde, Fernando Suárez, asinou coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, dous convenios para a rexeneración e renovación do casco histórico de Ribadeo e do núcleo de Rinlo. O acto tivo lugar na tarde deste martes na Delegación do Goberno na Coruña.

O Ministerio de Fomento aporta 101.834 euros para rehabilitación de 11 vivendas no centro histórico de Ribadeo, cantidade hai que lle hai que sumar a achega do Concello e dos particulares. E outros 45.675 euros para a rehabilitación de 5 vivendas no núcleo de Rinlo, cifra á que se lle sumará tamén a achega do Concello e dos propietarios deses inmobles.

O rexedor lembrou que “xa noutras ocasións me teño referido ao retraso que estiveron a sufrir as sinaturas destes convenios dos Aris de Ribadeo e de Rinlo. Levabamos preto de tres anos de espera”.

Suárez Barcia agarda que “as administracións estatal e autonómica e estes convenios sigan a dinamizar e a rehabilitar os nosos cascos vellos”.

Exit mobile version