Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana de teatro en Trasbar

Con motivo do inicio da nova tempada, Trasbar acollía este sábado a representación dunha obra de teatro a cargo do grupo Pico do Castro: “De vello gaiteiro”.

Escrita por Manuel Lugilde e dirixida por Juan José Villarino, a peza na que actúan 6 persoas, está incluída no programa Buxiganga da Deputación de Lugo.

A representación é un ensaio en clave de comedia na que Rosiña, a filla dun labrego con posibles, recibe unha oferta de matrimonio por parte dun rico indiano; pero Rosiña está namorada doutro. Nesta peza a figura do indiano é moi criticada, pola actitude de negación e desprezo que algúns destes emigrantes mantiñan respecto á cultura e lingua do seu país.

Dende o colectivo cervense agradecen a asistencia, que superou a prevista, e logo de ver a boa resposta do público, barallan a posibilidade de organizar máis xornadas teatrais ao longo do ano a maiores da que está programada xa para o sábado 14 de novembro.

Exit mobile version