Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz Plataforma de Futuro presenta unha moción para solucionar os problemas co saneamento no barrio da Espiñeira, en Vilaronte

FOTO SANEAMIENTO A ESPIÑEIRAFoz, 26 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na parroquia de Vilaronte, no barrio da Espiñeira, encóntrase a EDAR que sirve para tratar e depurar as verteduras que xera esta parroquia. Dende fai uns meses esta EDAR non está funcionando como debera, motivada polo atrancamento do tubo xeral que chega a dita depuradora. Nos últimos tempos recibimos numerosas queixas de veciños e veciñas que nos denunciaron que a escasos 100 metros da EDAR se encontra unha arqueta que rebosa os residuos a unha finca particular con vivenda e mais o rio que cruza dita parroquia (ver foto).

Despois de comprobar no sitio dita queixa, comprobamos que é certo, e despois de informarnos vemos que o problema deste rebose é debido ó atrancamento do tubo xeral que leva cara a EDAR o saneamento.Este atrancamento é producido pola pouca caída que este tubo ten cara o seu destino e vai acumulando residuos no fondo ata chegar practicamente a taponalo.

Isto leva consigo que a EDAR de Vilaronte practicamente non está en funcionamento, xa que non chegan residuos, e ó mesmo tempo estanse estes residuos vertendo sen depurar ó rio co conseguinte dano medioambiental.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
-Instar ó Alcalde do Concello de Foz e ó seu equipo de Goberno a que faga as xestións necesarias para solucionar dito problema, dende FPF dámoslle dúas posibles solucións:

Cada ano facer unha limpeza total deste tubo para que volva a facer o seu cometido, ou ben, facer as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) para volver a facer a canalización e que leve a caída suficiente para o seu correcto funcionamento.

-Así mesmo tamén solicitarlle que faga as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) para solucionar as deficiencias existentes na Edar de Vilaronte, pois ó estar construída nunha zona moi húmida, está afundíndose no terreo, o que está producindo grandes fisuras nas súas instalacións.

Exit mobile version