Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF pídelle ó alcalde que poña en marcha o convenio que ten asinado coa DXT para que os veciños podan facer as súas xestións dende Foz

Foz, 2 de outubro de 2015.- Despois de pasar xa un certo tempo, considerable dende a firma do convenio que o Concello de Foz asinou coa DXT,para que os veciños e veciñas do noso Concello poidan facer certos trámites dende a nosalocalidade e non ter que desprazarse a Lugo, FPF recibiu numerosas queixas e puidemos comprobar que non se pode utilizar dito servicio.

Parécenos, por parte do Alcalde , ademais de ser o responsable de tráfico do noso Concello, unha falta de respecto cara as persoas que traballaron neste proxecto, unha deixadez absoluta e falta de preocupación total por non axilizar e poñer a funcionar este servicio canto antes.

Por iso, dende FPF pedímoslle que acabe de solucionar os problemas que hoxe en día existen, e poña en marcha este servicio canto antes. Este servicio a disposición dos nosos veciños e veciñas, suporía un aforro de tempo e diñeiro importante, xa que moitas xestións coa DXT se poderían facer dende Foz,dende o noso Concello , e non faría falta que os nosos veciños e veciñas se tiveran que desprazar á capital da nosa provincia, por exemplo simplemente para cambiar o domicilio dun vehículo, entre outras xestións.

Non entendemos cal é a razón que pode ter o noso alcalde para que este servicio non estea en funcionamento cando dispón de todas as autorizacións pertinentes.

Exit mobile version