Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF presenta unha moción pedindo que Radio Foz se escoite en todo o concello

Foz, 28 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O noso Concello está formado por distintas parroquias, unhas máis próximas ó casco urbano e outras máis afastadas, á hora de pagar impostos todos os veciños e veciñas do noso Concello teñen que pagar por igual, vivan mais preto do caso urbano ou mais lonxe, sen embargo dende o Grupo Municipal de FPF podemos comprobar que non reciben os mesmos servicios.

Estamos falando concretamente de Radio Foz, dependendo de onde se vive dentro do noso Concello pódese escoitar ou non, concretamente os veciños de San Acisclo,Santa Cilla e Cordido non teñen aceso a este servicio.
Así non poden escoitar os Plenos Municipais, as novas relacionadas co noso Concello ou os poucos programas culturais que temos, entre outras cousas.

Así mesmo veciños como son os de Cordido teñen a obriga, si queren ter cobertura telefónica, contratar con telefónica ou Yoigo, cando ademais esta parroquia dispón dun establecemento de turismo rural de referencia do noso Concello, e hai moitos visitantes que ademais de vir de vacacións aproveitan para seguir facendo negocios, e atópanse cuns problemas importantes para poder facelo.Así tamén hai problemas nalgunha zona de Cangas.
Igualmente pasa cos canles de televisión en parroquias como Cordido ou San Martiño, teñen graves problemas nalgunhas zonas para poder ter este servicio.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:

1º-Instar ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno a facer as xestións oportunas para que en todo o Concello de Foz se poida escoitar Radio Foz.

2º-Instar ó Alcalde e o seu equipo de Goberno a facer as xestións necesarias para facer unha revisión en profundidade de que partes do noso Concello temos problemas coa cobertura da telefonía móbil e facer as xestións oportunas para darlle a solución oportuna.

3º-Instar ó Alcalde e o seu equipo de Goberno a solucionar os distintos problemas que teñen algunhas zonas do noso Concello para poder ver con normalidade os canles da televisión.

Exit mobile version