Site icon Crónica3.com A Mariña

Impulso de USO na fábrica de Alcoa-San Cibrao con José Manuel Piñar

José Manuel Piñar, agora afiliado á Unión Sindical Obrera (USO), recibirá ós compañeiros que representan a este sindicato no comité de empresa da fábrica de ALCOA en Avilés este mércores 21 de outubro ás 12.00 horas no local do comité de empresa. Asistirán tamén os responsables provinciais e comarcais de Lugo e Avilés.

Con este acto trátase de “consolidar ó sindicato USO na fábrica de San Cibrao despois de 12 anos sen presentar candidatura polo mesmo. Tamén se comentarán os distintos problemas que afectan ás plantas de ALCOA como é a falta de inversións, desinformación sobre o noso futuro despois da subasta eléctrica, e a cada vez máis sonada posta en venda das súas 3 restantes plantas en España”.

Exit mobile version