Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugurada a XIX edición de Artesanfroilán

ArtesanfroilánLugo, 2 de outubro de 2015.- Este venres tivo lugar a inauguración da XIX edición de Artesanfroilán, na que participou o deputado delegado de Turismo, Carlos Armesto, e durante a que se referiu ao Artesanfroilán como unha “cita obrigada, que chega ao seu 19ª aniversario, e que se converte no mellor xeito para colaborar dende a Deputación cos artesáns e mostrarlle á provincia o que é o mellor da nosa artesanía”. O deputado de Turismo dixo que na mostra estaban representados os catro xeodestinos (Ancares-Courel, Lugo-Terra Chá, A Mariña e Ribeira Sacra). A mostra Artesanfroilán terá lugar entre este venres e o 12 de outubro, coa participación de 21 artesáns.

Exit mobile version