Site icon Crónica3.com A Mariña

Inspeccións para a mellora da seguridade do amplo parque de tractores de Xove

Unha unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos, situada diante do Cuartel da Garda Civil, estivo realizando inspeccións a numerosos vehículos agrícolas de todo o Concello este xoves 8 de outubro.

A realización destas inspeccións xa son importantes de por sí, pero esa importancia está aínda máis que xustificada pola antigüidade dalgúns dos tractores do amplo parque existente. Con isto preténdese mellorar a seguridade dos usuarios destes vehículos e, en definitiva, de tódolos veciños.

Exit mobile version