A moza viveirense, unha das incondicionais do cadro burelista, deixou claro que os seus problemas físicos arrastrados desde a tempada pasada xa quedan lonxe. “Estou moi contenta; xa podo adestrar con normalidade e axudar as miñas compañeiras. O sábado volvín e todo saíu redondo; axudei con dous goles e sumamos tres puntos para seguir traballando con ganas e ir paso a paso” explicaba a 10 burelista, moi ilusionada co grande inicio do equipo pero tamén mostrándose cauta co longo percorrido que queda por diante. “A liga vai ser moi complicada; o Atlético está intratable, goleando. Nós debemos facer o noso traballo partido a partido”.
Lucas poderá dispoñer de todo o vestiario laranxa a excepción de Emma e Judith, coma na xornada pasada, por lesión. A expedición partirá mañá ás 9.30 horas.