Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro, entre os concellos nos que Fomento impulsa a rexeneración e renovación de áreas urbanas en Galicia

2Madrid, 27 de outubro de 2015.- A ministra de Fomento, Ana Pastor, suscribiu este martes os convenios para a rexeneración e renovación de 55 áreas urbanas en Galicia, nos que o Ministerio de Fomento aportará máis de 12,17 millóns de euros. Entre estes, cóntanse os municipios mariñáns de Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro.

As cantidades asignadas a cada intervención son as seguintes:

-Rehabilitación de 7 vivendas no Casco Antigo de Vilanova de Lourenzá: Neste caso, a financiación por parte del Ministerio de Fomento ascenderá a 44.700 euros, ao que hai que sumar a aportación do Concello e particulares.

-Rehabilitación de 22 vivendas en Mondoñedo: Este convenio ten por obxecto a rehabilitación de 22 vivendas no Casco Histórico de Mondoñedo. Neste caso, a aportación por parte do Ministerio de Fomento ascenderá a 111.750 euros, ao que hai que sumar a aportación do Concello e os particulares.

-Rehabilitación de 11 vivendas no Centro Histórico do municipio de Ribadeo: Neste caso, a financiación por parte do Ministerio de Fomento ascenderá a 101.834,92 euros, ao que hai que sumar a aportación do Concello e particulares.

-Rehabilitación de 5 vivendas no núcleo de Rinlo no concello de Ribadeo: Este convenio ten por obxecto a rehabilitación de 5 vivendas no núcleo de Rinlo no concello de Ribadeo. Neste caso, a aportación por parte do Ministerio de Fomento ascenderá a 45.675,08 euros, ao que hai que sumar a aportación do Concello e os particulares.

-Rehabilitación de 30 vivendas no Centro Histórico do concello de Viveiro: Neste caso, a financiación por parte do Ministerio de Fomento ascenderá a 178.800 euros, ao que hai que sumar a aportación do Concello e particulares.

Exit mobile version