Durante a sesión “os nenos e as nenas escoitaron consellos para aportar o seu grao de area á causa, como apagar e desenchufar os aparellos electrónicos, reciclar papel, reutilizar as cousas ou coidar as árbores para converter os cativos en pequenos grandes superheroes”, segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, que organiza esta actividade ao abeiro da celebración do Día do Cambio Climático este sábado, 24 de outubro. Ao acabar a actividade os rapaces colocaron nas portas dos baños unha pegatina cun consello sobre o aforro de auga: pechemos as billas cando non as esteamos usando. Os alumnos recibiron pegatinas, un caderno e un calendario de 2016 para a aula, no que cada mes fai referencia a un consello sobre o coidado do medio ambiente.
O obxectivo é mobilizar e facerlle entender aos rapaces os perigos que convela o quecemento global. A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, asegura que “o noso estilo de vida é o maior responsable do cambio climático e entre eles encóntrase o noso estilo de transporte e a queima de combustibles fósiles para a produción de electricidade. Por iso debemos de tratar de reducir en todo o posible estas emisións”.