Site icon Crónica3.com A Mariña

Mujeres en Igualdad Burela convoca este mércores un acto de repulsa contra a violencia de xénero

2015-10-06 12.43.28Burela, 6 de outubro de 2015.- Mujeres en Igualdad Burela convoca a todos os veciños diante do Concello de Burela, este mércores 7 ás 12:00 do mediodia, para asistir a unha concentracion en sinal de repulsa e onde se gardarán 3 minutos de silencio, en memoria das tres mulleres asasinadas este luns vítimas de violencia de xénero, nas poboacións de Vigo, Beniel (Murcia) e Erandio (Biscaia).

Unha cuarta muller foi tamén acoitelada este luns en Morales del Vino (Zamora) polo seu ex marido, e atópase actualmente en estado moi grave.

33 son as mulleres que morreron vítimas de violencia de xénero no que vai de ano, aínda que a Delegación de Goberno mantén outros 6 casos de mulleres asasinadas en investigación. De confirmarse estes 6 casos, o número de mulleres Vítimas de violencia de Xénero asasinadas en 2015 elevaríase a 38 mulleres mortas.

Xa abonda!!
Nin unha máis!
Tolerancia cero!
Acode mañá, a Violencia de Xénero é cousa de todos!

Exit mobile version