O Resort Las Sirenas de Viveiro celebra o vindeiro sábado 31 de outubro a súa particular festa temática de defuntos: nin Halloween nin Samaín, o Resort reconverte os seus xa típicos Thalasso Dancing co orixinal título de “Thalaín”.
Esta nova celebración promete unha noite especial con boa gastronomía (aínda que os pratos disfrácense con nomes terroríficos), música e moita diversión nun marco espectacular como son os salóns do Hotel Thalasso Cantábrico.
A partir das nove e media da noite dará comezo unha cea especial con entrantes: cocktail de benvida “Sangue de Vampiro”, Crema de Cabaza con ollo de queixo, “Cousa” de milfollas con fundido e brava. O prato principal será Croca de Tenreira Sanguenta, tamén chamado Anacos de Zombie á grella. De sobremesa, Ataúd de Chocolate. A bodega será Galicia Meiga, con viños denominación de orixe Ribeiro e Ribeira Sacra e diversos licores galegos. Para alargar a noite do terror, logo da cea ábrese a sesión de música, baile e barra libre con bebidas nacionais.
Ademais da cea-baile, que se ofrece por 38 euros, o Resort Las Sirenas presenta interesantes ofertas en aloxamento, xa que por 25 euros máis se ofrece tamén aloxamento. Tamén existe unha oferta paquete para 2 persoas por 125 euros, con cea, baile, barra libre, aloxamento e almorzo.
Os máis novos tamén poden ser parte da festa, xa que se ofrece menú infantil por 19 euros e aloxamento gratis para os menores, entre 2-12 anos, que acompañen a dous adultos.
Todos os interesados poden informarse sen compromiso no teléfono 982 560 200 ou na súa páxina de facebook.