Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés Faladora prepara as súas II xornadas de iniciación á micoloxía

3 de outubro de 2015.- Outono é tempo de cogumelos.

Nordés convídate a participar nas II Xornadas de iniciación á micoloxía para que, si queres sair a recolleitalos, saibas cales son as variedades comestibles e diferencialas das venenosas principalmente, así como daquelas que non teñen valor culinario.

Da mán de José Luis Cuba aprenderemos non soio iso, sinon tamén a como collelas para que a nosa acción non supoña a súa desaparición futura.

Para iso farase unha sesión teórica previa na Casa do Concello de Mañón, en O Barqueiro, o xoves 8 ás 20:00 horas, que terá continuidade o sábado 10 ás 7:30 da mañá para poñer en práctica os coñecementos adquiridos polos montes da bisbarra.

Rematarase a actividade cunha degustación de diferentes cogumelos no Mesón O Malecón de Ortigueira dende as 21:00 hras.

O curso ten un prezo de 15€ ó que hai que engadir outros 10€ si se quere asistir á degustación. As prazas son limitadas, polo que aconsellamos chamar ó 653756454 (Ricardo) ou mandar correo ó enderezo asociacion.nordes@gmail.com

Así que xa sabedes, armarse de botas, chubasqueiro, navalla, e paxe de vimbio (importantísimo), e veña, ó monte con Nordés. Agardámosvos.

https://www.facebook.com/nordesfaladora/photos/a.166978123461028.1073741828.162117937280380/512496325575871/?type=3&theater

Exit mobile version