Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz defenderá tres mocións non pleno ordinario de outubro

Foz, 27 de outubro de 2015.- As concelleiras nacionalistas Lorena Seivane e Teresa Rego levarán tres mocións ao pleno ordinario de outubro do Concello de Foz.

Seivane e Rego dan hoxe a coñecer o contido das súas iniciativas municipais.

Ocupará o punto décimo da orde do día o debate sobre a porposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética, que achega a CIG e á que lle porá voz Teresa Rego.

Seguirá Lorena Seivane defendendo dúas propostas de carácter económico. Na primeira solicitará do pleno da Corporación a adopción dun acordo para a elaboración dunha ordenanza fiscal para regular o cobro dunha taxa pola instalación de caixeiros automáticos en vía pública. Con esta proposta o BNG tenta nutrir as arcas do Concello sen baleirar os petos dos veciños e veciñas de Foz, senon coa aplicación dun imposto que grave aos banco e caixas que utlizan o solo público do Concello indiscriminadamente.

Rematará Seivane solicitándolle ao goberno de Castiñeira que revise a taxa de regularización catastral que tanto dano está a facer nas casas do noso Concello e que colabore con todos aqueles afectados polas revisións e regularizacións facilitándolles información e asesoramento.

As nacionalistas están, ademais, preparando unha serie de preguntas e rogos para expoñer ao final dun pleno que se prevé complexo, xa que un dos puntos principais da orde do día é o emprazamento da nova depuradora, tema polémico que leva xa varios anos enquistado.

Exit mobile version