Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro interésase pola xestión pública da piscina, a nova web do Concello e o sentido do tráfico na Avenida de Cervantes

Bernardo Fraga Galdo, en nome e representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, e conforme á lexislacion vixente, presenta ao Pleno da Corporación Municipal de Viveiro as seguintes:

PREGUNTAS
1. O vindeiro 1 de decembro é obrigatorio conforme á normativa estatal a disolución das empresas de titularidade municipal. A Alcaldesa asegurou de xeito previo ás Eleccións Municipais que a xestión da piscina municipal sería pública, e por isto que preguntamos:
¿Cales foron as xestións realizadas polo Goberno Municipal para garantir a xestión Pública da piscina?
¿Como se vai levar a cabo a xestión do persoal da piscina? ¿Está previsto un proceso de selección de persoal? De ser así, e tendo en conta que faltan dous meses para a disolución de Turviveiro, ¿cando se vai iniciar o procedemento?.

2. En numerosas de ocasións o Goberno Municipal anunciou a inminente posta en funcionamento da nova páxina web do Concello, todas elas falsas. Na última ocasión, meses antes das Eleccións, a alcaldesa asegurou que estaba redactando o saúda para a web. E por iso que preguntamos ¿Rematou vostede de redactalo para que se poda poñer en funcionamento a nova páxina web municipal?

ROGOS
1. Fai uns días nos medios de comunicación o goberno municipal daba marcha atrás en canto á circulación prevista na Avenida de Cervantes, unha vez rematadas as obras, pasando de sentido único a doble sentido. No BNG, cremos na humanización do entorno do Casco de Viveiro e nunha cidade pensada para as persoas e non para os coches, e esta modificación suporá máis espazo para os coches que para as persoas nesa rúa. É por iso que rogamos se celebre unha reunión da comisión de urbanismo, con presenza de técnicos do concello e da policía local, para tomar unha decisión conxunta sobre o sentido do tráfico na Avenida de Cervantes.

Exit mobile version