Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS despídese de Copa do Rei con 3-2 en Tudela

Burela, 13 de outubro de 2015.- O CD Burela FS Pescados Rubén despediuse na noite deste martes da Copa do Rei, en oitavos, fronte ao Aspil Vidal Ribera Navarra por un axustado 3-2, con sprint goleador laranxa. Os pupilos de Daniel Ibañes apostaron polo xogo de cinco nos dez últimos minutos para remontar o 3-0, con dianas de Chino (minuto 34) e Iago Rodríguez (37), sen tempo para máis. “Estivemos sempre no partido, con opcións, pero faltounos concentración en defensa. Esa intensidade defensiva que soubemos despregar nos primeiros partidos de liga non a tivemos hoxe” aseguraba o técnico burelista ao finalizar o encontro.

Ribera e Burela viviron un primeiro tempo moi equilibrado , con gol de Hamza no minuto 15, aproveitando un erro dos galegos. “A primeira parte estivo moi igualada, coas mesmas opcións, aínda que un fallo noso de control deulle a oportunidade de adiantarse ao rival. Aínda así, con 1-0 tamén dispuxemos de ocasións” explicaba Daniel.

Tras o descanso, os mariñáns tiveron que pelexar contra a fenda do 3-0 xa no minuto 23, con contra de Pedro e despois Andresito. Rozando o ecuador da segunda parte, Iago Rodríguez enfundou a camiseta de porteiro-xogador para recuperar o marcador, gañando confianza no xogo de cinco; recortou Chino no 34 e despois o propio Iago no 37. Segundos despois o gol do empate estivo nunha contra de Antoñito que se marchou desviado. Aínda dispuxeron de balóns de Copa Chano, Iago Rodríguez e Iago Míguez, aínda que a fortuna goleadora esta vez deulles as costas aos de Burela.

.Jumilla. A escuadra mariñá volve afanarse cento por cento na liga. Vista Alegre acollerá o próximo compromiso, o sábado, ás 18.30 horas, coa visita do Jumilla B. Carchelo, 14º clasificado, con 3 puntos.

Resultados de oitavos:

Real Betis FSN – Movistar Inter (mércores 14)
Mosteiro Bembrive 3-7 Catgas E. Santa Coloma
Silver Novanca 3-4 Peñíscola RehabMedic
FS Valdepeñas 0-2 Palma Futsal
P. Romeu Cartagena 0-6 ElPozo Murcia
FC Barcelona Lassa 4-1 Magna Gurpea
Jaén P. Interior 3-2 D-Link Zaragoza
Aspil Vidal Ribeira Navarra 3-2 Burela Pescados Rubén

Ficha técnica

Aspil Vidal Ribera Navarra: Zardoya, David, Rubi, Andresito, Pedro, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Pazos, Joselito, Hamza, Roger, Javivi

CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Rodríguez, Chano, Chino, Hélder, cinco inical; tamén xogaron Antoñito, Jorge, Iago Míguez, Renato, Isi,

Goles: 1-0, minuto 15, Hamza; 2-0, minuto 22, Pedro; 3-0, minuto 23, Andresito; 3-1, minuto 34, Chino; 3-2, minuto 37, Iago Rodríguez

Tarxetas amarelas: Por Ribera a Luisma (minuto 32). Por Burela FS a Antoñito (minuto 15), Renato (minuto 27), Chano (minuto 31)

Partido de oitavos de Copa do Rei disputado en Tudela

Exit mobile version