Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centiño estrea “O Caldeiro Máxico”

O Grupo Teatral “O Centiño” de San Martiño (Foz) fixo a súa presentación o pasado sábado 24 de outubro no local social de Ferreiravella, na súa parroquia, ás 21.00 horas, estreando a súa primeira obra titulada “O Caldeiro Máxico”. Xuntáronse arredor de 100 persoas, que encheron totalmente o espazo destinado ó público e ata se colocaron fóra para poder ver a representación. O Grupo Teatral “O Centiño” está integrado por Luís, María Xosé, Vila, Pepita, Javier, Kevin, Avelino, Cándida, Pepe Beirán, Loli, Lucita, Raquel e Pepe Peinó e ten xa en cartel unha serie de representacións fóra da súa parroquia, que comezarán o vindeiro sábado 31 de outubro, ás 20.00 horas, en Alfoz e que logo seguirán outras: o 20 de novembro en Santa Cilla, o 21 de novembro en Begonte e o 22 de novembro en Ferreira de Pantón. E logo moitas máis representacións, xa que teñen apalabrada algunha máis.

Exit mobile version