Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Social do Cruceiro acolleu o pasado sábado a XXVII tirada de bolos de Xove

Xove, 27 de outubro de 2015.- Tarde agradable, campo en perfectas condicións.

Liga Senior Masculina.- Victoria de José Manuel Cociña que lle permite auparse á cuarta posición. Líder, unha semana máis, J. Rafael González, cunha grandísima regularidade que fai que teña unha pequena brecha de 8 puntos con respecto ao seu inmediato perseguidor Moisés Rodríguez. Moisés, ao igual que a pasada tempada, comezou moi ben, cun xogo regular que deberá confirmar nas vindeiras tiradas. Terceiro temos a Sócrates Campo, que a pouco que xogue centrado, seguro vai ocupar postos de cabeza. Por último, dentro deste grupo perseguidor, temos tamén a Francisco Pérez con 21 puntos, que puntuou en tódalas tiradas, pero que foi de máis a menos; seguramente, se consolida e regulariza o seu xogo, estará entre os mellores.

Liga Senior Feminina.- Terceira victoria consecutiva de Salomé Cardoso, consolidando o seu liderato, ampliando a vantaxe a 8 puntos sobre a actual campiona Belén Meitín. Salomé está a xogar cunha gran ambición nesta súa segunda tempada, co fin de mellorar o seu terceiro posto final da pasada edición. Se quere ser campiona deberá mellorar, especialmente no desquite, o cal é o que dá a maioría dos puntos en competición. Para gañar o campionato, en calquer das tres categorías hai que desquitar ben, senón é prácticamente imposible chegar ao máis alto.
Por detrais Carmen Roca e Salomé Bermúdez con 10 puntos. No caso de Carmen, unha das claras aspirantes ao título, non deberá descuidarse se non quere perder o tren de cabeza; no seu haber decir que non está fisicamente ao cen por cen, polo que o seu marxe de mellora é grande en canto recupere a forma.

Liga Sub 16.- Daniel Alonso volveu a pasar o rodillo, gañando a súa cuarta tirada consecutiva e tamén a bolada, evidenciando que o seu lugar está máis na categoría senior que nesta. A Daniel non lle conta a Línea do 20 nesta categoría; se lle contara, podería puntuar en tódalas tiradas da categoría senior, e non precisamente na parte baixa. O único que resiste na clasificación, inda que xa comeza a estar lonxe, é o actual subcampión Miguel López con 15 puntos, seguido de Javier Alonso, irmán de Daniel, que xa comeza a demostrar algunha das virtudes que adornan ao seu irmán.

A vindeira tirada vai ter lugar no CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, O VINDEIRO SÁBADO, 31 DE OUTUBRO DE 2015.

Exit mobile version