Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Deportivo San Cibrao e o Concello organizan este sábado, 3 de outubro, o I Trofeo Concello de Cervo de Baloncesto

011015 Presentación Torneo Baloncesto Concello de CervoCervo, 1 de outubro de 2015.- A Sección de Baloncesto do Club Deportivo San Cibrao e o Concello organizan o primeiro Trofeo Concello de Cervo, que se celebrará o vindeiro sábado, 3 de outubro, no pavillón polideportivo de A Veiga, en San Cibrao. O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; o delegado da sección de Baloncesto do C.D. San Cibrao, Roberto Santos Gutiérrez; e o presidente do club, César Díaz Criado.

O torneo supón o regreso a nivel competitivo do baloncesto de adultos a San Cibrao. “Levaba uns anos sen actividade nos adultos, aínda que o Concello dende o ano 2007 segue potenciando a práctica deste deporte, pero en categorías inferiores, ata os 12 anos. En canto ao torneo deste sábado disputarano 4 equipos, que son o Club Deportivo San Cibrao de Baloncesto; o Santo Domingo, de Betanzos; o Celtas de Foz, e o Carferlo Club Baloncesto, de Viveiro. O torneo empezará ás 11:30 horas da mañá. Pola mañá xogaranse as dúas semifinais e a partir das 16:30 horas o partido polo terceiro e cuarto posto e a continuación disputarase a final”, detalla o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto.

“A entrada é totalmente gratuíta e haberá unha degustación bolos preñados e empanada a prezos populares e música en directo, a cargo de DJ Caixa, para darlle un pouco de auxe a este evento, ao que queremos invitar dende o Concello de Cervo a todos os veciños nosos e non só do municipio, senón de toda A Mariña e os que teñan a ben achegarse a ver este evento”, animou o edil. Ademais das actividades xa mencionadas, tamén se fará sorteo de agasallos, concretamente unha cámara fotográfica e unha cea para dúas persoas, e haberá viño de balde.

Exit mobile version