Site icon Crónica3.com A Mariña

O Clube Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia suspende as Xornadas Micolóxicas pero mantén as actividades complementarias

CARTEL SALIDA A SETAS 2015Tapia de Casariego, 13 de outubro de 2015.- O Clube Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia, por motivos alleos á súa vontade, este ano vese obrigado a suspender as Xornadas Micolóxicas que viñan celebrando estes últimos anos.

Mantéñense:
-A Saída a Setas, que será o sábado 24 de outubro.

-O “Concurso de Debuxo Sobre Micoloxía” e a entrega de premios de devandito concurso que se levará a cabo o venres 30 de outubro no auditorio da Casa de Cultura ás 19:30 h. da tarde logo de asistir a unha interesante charla sobre setas que ofrecerá, como en anos anteriores, Pepe. Seguidamente poderase visitar, na Antiga Casa de Cultura, a exposición dos debuxos e degustar alí mesmo todos os asistentes un delicioso chocolate.

-A exposición de setas que se realizará na antiga Casa de Cultura o venres 30 de outubro, coincidindo coa exposición dos debuxos do VII Concurso de Debuxo Sobre Micoloxía.

-A Cea Micolóxica que se celebrará no Restaurante “El Álamo”, en Rapalcuarto (Tapia) o sábado 28 de novembro de 2015 e que estará precedida dunha conferencia que nos ofrecerá Suso Branco de “Os Bolouros” de Foz.

Recordan desde a organización que o domingo 25 de outubro celebrarase o VI Encontro Sendeirista Astur-Galaico. Nesta ocasión organizado polos membros do Club Deportivo Básico Pandela de Vegadeo. Teñen previsto facer unha churrascada que terá un prezo de 10 €, para o que queira gozar dela. Por este motivo necesitan saber o número de participantes o luns 19 de outubro. As persoas interesadas deben apuntarse antes desa data.

Exit mobile version