Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros mellorará os servizos que lle presta ós cidadáns co novo vehículo de Protección Civil

proteccion-civil-barreirosBarreiros, 21 de outubro de 2015. O Concello conta cun novo vehículo para Protección Civil. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, agradécelle á Vicepresidencia da Xunta a súa colaboración.

O rexedor viaxou este martes ata a localidade de A Estrada para recoller este novo coche que “nos permitirá mellorar os servizos que lles prestamos aos veciños e ás veciñas de Barreiros, así como ir renovando o noso equipamento pouco a pouco”.

O alcalde, Alfonso Fuente, amosoulle este mércores o novo vehículo á secretaria da asociación de voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

Exit mobile version