Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela organiza un curso de coidados sociosanitarios para estranxeiros residentes no municipio

Burela, 2 de outubro de 2015.- O Concello de Burela organiza un curso de coidados sociosanitarios para estranxeiros residentes no municipio. Anunciouno este venres a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez Sánchez.

A edil explicou que “o Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela vai organizar un cursiño formativo para axudar a alcanzar un bo grado de integración aos inmigrantes residentes en Burela. Esta acción está financiada pola Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia, e polo Fondo Social Europeo. É un curso de coidados básicos sociosanitarios e está dirixido a aquelas persoas estranxeiras que queiran aprender nocións básicas de hixiene e atención sanitaria, atención e apoio psicosocial, apoio domiciliario e alimentación, mantemento e adestramento de funcións cognitivas, autonomía persoal e relacións sociais, actividades de ocio e tempo libre, recursos e servizos comunitarios, etcétera para persoas dependentes”.

Angélica Gómez engadiu que o curso “terá unha duración de 25 horas e será impartido dende o 8 ata o 20 de outubro polo Concello de Burela. Pódese solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 982.58.06.09”.

Exit mobile version