Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo mellorará os pasos elevados de San Cibrao

pasoselevados-sanciCervo, 5 de outubro de 2015. Cervo instalará dous pasos elevados nas inmediacións do centro de saúde e do instituto de San Cibrao, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfonso Villares. Van substituír aos xa existentes nesa estrada, que é titularidade da Deputación Provincial de Lugo. O obxectivo é “velar pola seguridade dos peóns” que transitan por esa zona.

O rexedor explicou que “hoxe empezaron uns traballos que se están a executar na estrada que é titularidade da Deputación Provincial e que pasa fronte ao centro de saúde de San Cibrao e polo instituto de San Cibrao. Estes traballos estaos a executar a Deputación e consisten na instalación dunhas proteccións peonís”.

Alfonso Villares dixo que “previamente os traballos que se van facer son eliminar un paso elevado de peóns, que existe na actualidade. É de formigón, está algo agretado e produce unha serie de vibracións. E tamén fronte ao instituto hai unhas bandas redutoras e a maior parte delas atópanse arrincadas e polo tanto non producen o efecto para o que estaban instaladas”.

O alcalde de Cervo contou que “no seu lugar, preto do centro de saúde e do instituto de San Cibrao, vanse instalar dous pasos elevados de peóns de aglomerado asfáltico, a diferenza dos que había na actualidade”.
Villares Bermúdez considera que “son actuacións polas que temos que mirar, porque tentan reducir a velocidade dos vehículos en tramos urbanos e sobre todo para velar pola seguridade dos peóns. En San Ciprián xa temos instalado, desde hai anos, varios pasos elevados e durante este ano imos acometer o cambio de bastantes deles. Comezamos esta semana, grazas á colaboración da Deputación Provincial, colocando estes dous, sempre para velar pola seguridade dos peóns que transitan polas nosas estradas”.

Exit mobile version