“Un ano máis, e xa van 21 de forma consecutiva, organizamos o campionato de tute Concello de Cervo, actividade que se desenvolve nos locais hostaleiros e asociacións do municipio de Cervo. Neste torneo poderán participar todas aquelas asociacións, clubs e bares ou calquera tipo de local do noso municipio. Cada entidade poderá formar un ou varios equipos, que estarán compostos cada un deles por catro parellas. Os partidos ou enfrontamentos realizaranse por sistema de liga, é dicir, todos contra todos, a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os partidos participantes”, explica o concelleiro de Deportes.
O edil precisou que “as inscricións poden realizarse ata o vindeiro martes, 13 de outubro, ben na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 686.97.03.86 preguntando por Félix. O torneo é organizado polo Concello de Cervo coa colaboración inestimable e totalmente desinteresada de Félix Fernández Gómez, que leva ao fronte deste campionato dende o seu inicio”.
O concelleiro avisa de que o día 13 de outubro se realizará na Casa da Cultura de San Ciprián “unha reunión con cada un dos representantes dos participantes coa fin de realizar o sorteo e establecer unhas sinxelas bases de funcionamento”. O encontro será ás 19 horas.