Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo puxo en marcha unha campaña para fomentar o uso da Biblioteca Pública entre os nen@s de infantil e primaria

Cervo, 29 de outubro de 2015.- O Concello de Cervo puxo en marcha unha campaña para fomentar o uso da biblioteca pública entre os nenos e nenas alumnos de Infantil e Primaria. Máis de 30 deles fixeron libros coa técnica denominada scrapbooking na ocioteca da Casa do Mar de San Ciprián o pasado sábado, día 24, data na que se conmemorou o Día Internacional da Biblioteca.

A concelleira de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “coincidindo co Día Internacional da Biblioteca o Concello puxo en marcha unha iniciativa para fomentar o uso da biblioteca pública entre os nenos e nenas de Infantil e Primaria. A iniciativa, que xa se levou a cabo os dous anos anteriores, busca captar usuarios e socios e en definitiva, fomentar a lectura. O Concello editará carnés infantís cun deseño especial. Para difundir mellor esta acción, a Concellería distribúe follas de inscrición nos centros escolares do municipio. Así, para obter o carné, haberá que entregar a folla cuberta na Biblioteca de San Ciprián ou ben no Punto de Lectura de Cervo. Hai que destacar que está acción non está dirixida só a novos socios, senón que os nenos que xa teñan o carné habitual da biblioteca poden cambialo por este especial. Esta campaña de captación de usuarios que continuará vixente durante todo o ano”.

Dolores García convida “aos nenos e nenas e ao público en xeral a acercarse á biblioteca, a ler libros, a utilizar a biblioteca para consultalos e a ler, en definitiva, porque é unha actividade moi beneficiosa”.

Exit mobile version