Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo habilitará un centenar de prazas de estacionamento detrás da Alcántara

Mondoñedo, 26 de outubro de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anunciou que no prazo dun mes estará operativa a nova zona de estacionamento que se localizará no Campo da Alcántara e que contará cun centenar de prazas de aparcamento.

A rexedora fixo este anuncio tras que este luns a Xunta de Goberno local adxudicase a obra de acondicionamento deste espazo público para convertelo nunha zona de aparcamento “tan necesaria na localidade”, precisa a popular.

A empresa que se encargará da realización destes acometidos é a mindoniense Construcciones Isidro Otero S.L.. A obra ten un importe de adxudicación de 62.576,05 euros e un período de execución de tres semanas.
Elena Candia precisou que estas actuacións consisten na pavimentación da localización, xunto á construción de prazas de estacionamento, así como o axardinamento, alumeado e sinalización da zona.

Esta nova actuación demostra, segundo explica a popular, que o equipo de Goberno segue a traballar para cumprir cos compromisos adquiridos e “desbloqueando proxectos que estaban absolutamente paralizados polo bipartito durante o seu Goberno local”.

Exit mobile version