Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro lembra que o 5 de novembro remitirase ós bancos o segundo prazo do IBI

Viveiro, 29 de outubro de 2015.- Por medio do presente, o Concello de Viveiro quere lembrar que o vindeiro 5 de novembro de 2015 remitirase ás entidades bancarias o segundo prazo do Imposto de Bens Inmobles (Contribución), dos contribuíntes que tiñan domiciliado os seus recibos, seguindo deste xeito o acordo establecido para o fraccionamento dos recibos de dito imposto, que fixaba para este exercicio 2015 un primeiro cargo en data 7 de agosto e un segundo, en data 5 de novembro, fraccionando a totalidade do recibo neses dous prazos sen ningún tipo de recargo.

Cómpre sinalar, así mesmo, que o 5 de outubro rematou o período voluntario para os contribuíntes que non tiñan domiciliado este imposto, establecéndose, segundo se indicaba nos propios recibos, un mes máis no que se podería proceder ao aboamento deste imposto, cun 5% de recargo, nas entidades bancarias adheridas, Abanca e Caixa Bank.

Rematado este prazo, o 5 de novembro de 2015, todas aquelas persoas que por unha ou outra circunstancia non teñan pagado integramente o importe deste imposto deberán presentarse no servizo municipal de recadación, sito no planta baixa da casa do concello.

Exit mobile version