‘Eu Merco en Xove, Eu Merco en Galego’ é o nome da primeira das accións deseñadas para esta campaña que ademais pretende incentivar o consumo nas empresas locais, desenvolvendo un concurso no que poderán participar todas as persoas que así o desexen.
Só é necesario realizar unha autofoto, popularmente coñecida como “selfie”, na que se mostre o eslogan da campaña #EuMercoEnXove,EuMercoEnGalego e enviala á dirección de correo electrónico concursoxove@gmail.com antes do 8 de novembro. As imaxes serán publicadas no Facebook do Concello e sometidas a votación popular, as tres imaxes con máis ‘Me Gusta’ gañarán, cada unha, un vale de desconto para mercar nas empresas do Concello.
O luns 9 de novembro serán publicadas as fotografías que participarán no sorteo, así coma as outras accións da campaña que inclúen a edición de cartaces publicitarios e dun video promocional da campaña “Eu Merco en Xove, Eu Merco en Galego”.
O deseño desta campaña foi elaborado pola Iniciativa Local de Emprego de Xove: Fabián Ben Conde Digital Marketing & Community Manager.