Site icon Crónica3.com A Mariña

O Frutas Jose Viveiro FSF comeza temporada na casa ante o Cidade de Lugo

O Frutas Jose Viveiro FSF comeza a temporada 15/16 da Liga Provincial feminina enfrontándose ó Cidade de Lugo o vindeiro sábado 24 de outubro ás 17.00 horas no pavillón Antonio Tarrio, da cidade de Landro.

A pesar de perder ante o Ribadeo FSF -equipo de Autonómica-, as rapazas do Viveiro veñen de realizar unha boa pretemporada. Lograron vencer á EDM Guitiriz e tamén ó Sporting Rabadense -ambos equipos da Liga Provincial- no último amigable de pretempora por 2-3 con goles de Mery (2) e Nerea.

A plantilla presenta varias novidades con respeto á pasada temporada. Pese a manter a base da mesma, incorpora a María Balsa que retorna ó equipo tras unha temporada no Adarve lugués, así coma Carlota e Ana Gabriela, procedentes das Escolas de Fútbol de Viveiro, subindo ó primeiro equipo as cadetes Annais e Ana Guillén. O resto das xogadoras son: Diandra e Laura como porteiras; e Nerea, Mery, Marta, Bea, Rosana e Andrea, como xogadoras de campo.

Exit mobile version