Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular de Burela solicita copia do contrato do espectáculo de Peter Pan

Burela, a 21 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) presentou este luns no rexistro do Concello un escrito no que solicita diversa documentación relativa ós espectáculos “Toy, the story” e “Peter Pan y el libro mágico”. En concreto, sobre os dous espectáculos, o GMP solicitou copia do contrato ou contratos con empresas ou productoras para a representación dos mesmos. “Toy, the story” representouse a principios de agosto, e “Peter Pan y el libro mágico” foi suspendida en dúas ocasións, o 29 de agoso e o 10 de outubro.

Os populares entenden que “para pedir responsabilidades á empresa que tiña que representar Peter Pan hai que ver o contrato e analizar as posibilidades antes de levar a cabo calquera outra actuación, e eso é o que queremos facer, coñecer e estudiar os contratos”.

No caso de “Peter Pan” os cartéis anunciadores indicaban claramente que a organización corría a cargo do Concello de Burela e todo apunta a que houbo venda anticipada de entradas. Polo tanto, o GMP tamén pide “inforación sobre a custodia da contía acadada na venda anticipada de entradas en conta ou contas bancarias do Concello: son cartos de veciños e veciñas de Burela e polo tanto hai que saber ónde estiveron no caso de que houbese venda anticipada de entradas, ademáis de saber cánto se recaudou. Da igual que fora unha entrada coma dúascentas”.

Asimismo, os populares solicitan copia dos documentos acreditativos de abono dos gastos derivados das indicadas representacións ás compañías de teatro, empresas e/ou productoras.

Segundo o GMP, “a petición de documentación é o paso correcto que hai que dar desde a nosa responsabilidade como grupo maioritario da oposición, xa que a supresión do espectáculo de ‘Peter Pan’ causa un deterioro serio na imaxe do Concello como institución, deterioro que debe ocupar e preocupar non só ó PP, senón tamén ó equipo de goberno. E tamén deteriora a imaxe institucional do propio concelleiro de Cultura, ainda que ésta, de momento, non nos importa tanto”.

O GMP entende que “debemos corroborar con documentos que as explicacións que o concelleiro de Cultura deu en certos medios e nas redes sociáis se axustan á realidade; debería de ser así, pero tendo en conta o acontecido coa Escola de Música e a conseguinte escasa ou nula credibilidade que nos ofrece, xa non sabemos qué nos pode deparar esa documentación”.

Exit mobile version