Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de goberno de Viveiro demandará o apoio da corporación ó completo en apoio da xestión autonómica do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro

A alcaldía de Viveiro presentará, na vindeira sesión plenaria, unha moción coa que se pretende conseguir a implicación de todos os grupos municipais para apoiar o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e continuar demandando á Xunta de Galicia que asuma a súa xestión, entendendo que todos os grupos estarán a favor de realizar todos os trámites posibles para que manter un servizo relevante e fundamental para os veciños de Viveiro e dos demais municipios que fan uso do mesmo.

Esta decisión adóptase tras a reunión mantida o pasado martes co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e co Subdirector de Ensinanzas Artísticas, na que, argumentando que os orzamentos da administración autonómica para o vindeiro ano xa estaban pechados, se obtivo unha negativa rotunda para buscar algunha outra opción ou para acadar algún compromiso a longo prazo, a pesar da nosa disponibilidade para atopar algunha posibilidade alternativa.

Dende o Concello de Viveiro pretendemos seguir traballando nesta liña e, tendo en conta que esta alcaldía aínda non foi recibida polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a pesar de ter solicitado a cita hai máis de un ano. Entre os acordos que se pretende acadar coa moción referida está o de incluír a solicitude dunha cita con D. Román Rodríguez González, máximo responsable da consellería competente, para recibir a todos os voceiros dos grupos políticos municipais e, deste xeito, insistir na necesidade de buscar unha solución á actual situación do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

Exit mobile version