Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove organiza a Senda Costeira de Xove o domingo 8 de novembro

RUTA FIN TEMPORADA 2015-2Xove, 29 de outubro de 2015.- O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE organiza esta Xuntanza Sendeirista-2015 de forma totalmente gratuita, co obxetivo de promocionar entre tódolos afeccionados o Sendeirismo, a Ruta “Senda Costeira de Xove”.

Tódolos participantes desprazaranse ata o Portiño de Morás por conta propia. Dende Morás ata o punto de saída da Ruta, que será en Vilachá o desprazamento farase en autobuses (GRATUITO para tódolos participantes).

A saída dos autobuses dende Morás será as 9:30 horas da mañá. En Vilachá (cruce da pista que leva a Igrexa) ,farase a saída da Ruta “Senda Costeira de Xove”, as 10:00h. da mañan.

A Ruta ten unha distancia de 12 km. polos paraxes costeiros mais bonitos de Xove.

A chegada a Morás (O Portiño) será aproximadamente sobre as 13:30h. da tarde, onde estarán os vehículos particulares, e darase por finalizada esta Xuntanza-2015.

As 14:30h. tódolos membros do Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, que fixeran previamente ca Organización a reserva, accederán o Restaurante “A Cancela” para xantar un menú a base de cocido galego. Este xantar será como Clausura da Tempada 2015 de Rutas de Sendeirismo. O prezo do Cocido Galego é de 22.-€/persoa.

Exit mobile version