Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de sendeirismo da ACD Xove visitará Villanueva de Oscos o domingo 18

Ruta del Silencio, Villanueva de OscosXove, 9 de outubro de 2015.- O próximo domingo día 18 de Outubro o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase ata Villanueva de Oscos (Asturias) para facer a Ruta Senda Verde del Agüeira.

A Ruta, que é circular, con saída e chegada no pobo de Villanueva de Oscos, vai a darnos unha preciosa visión da Comarca dos Oscos en esta estación otoñal, pois toda a masa arbórea, desta comarca, e de folla caducifolia, que se mostra espectacular nesta parte do ano. A parte de facer o Ruta, o Grupo visitará, distintos puntos de interés natural de Os Oscos, pois forma parte da Reserva da Biosfera Oscos-Eo e Terras de Burón.

PROGRAMACION DA XORNADA:
==========================
Dia: Domingo 18 de Outubro.
Hora saída: en bus as 8:00h. da mañan(Centro Civico de Xove).
Ruta: Senda Verde del Agüeira. (Villanueva de Oscos)
Distancia: 14 km. Dificultade: Media- Baixa.
Comida: Por conta propia.
Cota:
Socios Federados: 12.-€
Socios Seguro Deportivo: 14.-€
Non Socios Federados: 15.-€
Non Socios Seguro Deportivo: 17.-€

Exit mobile version