Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Popular apoia a aprobación no Parlamento Galego dun acordo polo que se insta á Xunta a garantir a actividade e emprego da antiga ECESA de Burela

Santiago, 21 de outubro de 2015.- O Parlamento galego aprobou este mércores, co apoio do Grupo Popular, unha proposición non de lei pola que se insta á Xunta de Galicia a garantir a actividade e o emprego da antiga empresa mineira Ecesa, sita en Burela.

O deputado popular, Vidal Martínez-Sierra, lembrou que a Xunta de Galicia xa manifestou a súa total vontade de colaborar cos novos propietarios, unha vez que remate o proceso de liquidación da anterior compañía e, en consecuencia, se resolvan os recursos xudiciais pendentes.

Mensaxe contundente
Martínez-Sierra puxo en valor o feito de que o acordo prosperase por unanimidade o que implicaba trasladar unha mensaxe contundente en apoio dos ex traballadores desta compañía, con opcións reais de incorporarse á nova actividade segundo a oferta presentada polos novos proletarios

O deputado popular salientou “o apoio político incondicional do que xa se fixo eco a Xunta, a través da Dirección xeral de Industria e Minas, que se comprometeu a achegar a colaboración precisa e recuperar a actividade de produción dun caolín de alta calidade, recoñecido polos consumidores e moi demandado na industria transformadora”.

Exit mobile version