Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do PP ponse á disposición do Goberno da Deputación para facilitar o traspaso de poderes

Lugo 9 de outubro de 2015.- Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular remitiron este venres unha notificación tanto ao presidente da Deputación, Darío Campos, como ao seu vicepresidente, Antón Veiga, a través da que lles trasladaron a máxima colaboración co novo Goberno da administración provincial para facilitar o traspaso de poderes.

A través de correo electrónico, dende o Grupo Provincial do Partido Popular puxéronse á disposición de socialistas e de nacionalistas para que, no caso de que o precisen, informalos ou aclararlles calquera dúbida sobre a tramitación ou as xestións levadas a cabo durante estes meses, así como para darlles conta do que está en proceso.

Os deputados populares consideran necesario que esta transición se faga dun xeito ordenado e responsable, e que esta situación de cambio de Goberno non implique atrasos de xestión nin prexuízo para os veciños lucenses.

Exit mobile version