Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo teatral Axóuxeres de Vilaronte representará “As farturas de Servando” este venres en Burela

Burela, 7 de outubro de 2015.- A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela, presenta o vindeiro venres, 9 de outubro ás 21:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura a obra “As farturas de Servando” a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte, Foz.

O grupo de teatro Axóuxeres xorde, como tal, no ano 1968 cun grupo de socios do teleclub do pobo, dirixidos por D.Victoriano López Felpeto, o párroco da vila, hoxe xubilado e sustituído por Benito García Bolaño.

Os componentes son de todas as idades , desde os 10 anos até os 72 ; un número de entre dez e quince persoas que van variando, segundo as súas posibilidades, dependendo do seu traballo ou estudos.

As obras que representan son maioritariamente de carácter cómico: Melocotón en almibar, Na casa do ciruxano, A carreira do Manuel, Don Armando Gresca, O velório de Xan do Perolo,

“As farturas de Servando” é a última obra do grupo, nela Servando é un home de aldea que vive coa súa muller Xoana e a súa filla Marina, casada con Moncho, nun pequeno pobo. É un home sinxelo, traballador, pero gústalle comer e beber ata fartarse, polo que a miúdo chega tarde e bébedo á súa casa. Por outra banda, o seu xenro Moncho fai o mesmo, cousa que amola moito ás mulleres, que sempre os agardan anoxadas. A cousa enrédase cando Servando se entera de que vai ser avó por primeira vez, aínda que a el quen máis lle preocupa é a súa vaca Karina, tamén a piques de parir.

Exit mobile version