Site icon Crónica3.com A Mariña

O hotel restaurante Voar de Ribadeo acolle a 3ª edición das súas xornadas da faba e o cachopo desde este sábado ata o 15 de novembro

Ribadeo, 29 de outubro de 2015.- O hotel restaurante Voar, de Ribadeo, organiza a terceira edición das súas xornadas gastronómicas dedicadas ás fabas e ao cachopo. Será desde o sábado día 31 deste mes, ata o 15 de novembro.

Nestas xornadas inclúense tres pratos diferentes con fabas (fabada asturiana, fabas con ameixas e fabas con centolo) e cinco preparacións distintas de cachopo: cachopón de tenreira, cachopo de porco ibérico con cecina e queixo de cabra, de tenreira, de merluza e tamén de rape recheo de centolo. Todos estes pratos ofrécense a prezos especiais durante estes 16 días.

O xefe de cociña do restaurante Voar, Manuel López Valencia, decidiu organizar esta terceira edición das xornadas da faba e o cachopo porque “nos dous anos anteriores tiveron aceptación e nesta época apetece comer pratos contundentes como estes; ademais a faba está en plena tempada”.

Durante a celebración destas xornadas o restaurante Voar mantén a súa ampla e variada carta, segue ofrecendo suxestións diferentes e tamén o seu interesante menú do día.

Exit mobile version