A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña participou na cita deportiva, convidada polo Consorcio As Mariñas, dentro do seu programa de actos de celebración do Día Mundial da Saúde Mental. O equipo mariñán, formado por usuarios do colectivo e colaboradores que adestran con eles semanalmente, gozou dunha tarde de fútbol sala xunto a un conxunto anfitrión, do Consorcio das Mariñas, e un equipo da Asociación Pro Enfermos Mentais. Os tres cadros tamén puideron deleitarse coa solidariedade dos veteranos do RCD Deportivo da Coruña, que colaboraron reforzando as escuadras sobre a pista.
Os preto de cincuenta usuarios do colectivo da Mariña que viaxaron a terras coruñesas tamén visitaron o Aquarium Finisterrae e a Torre de Hércules.
Iago Míguez en Agarimo
Coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, a asociación abriu as portas da súa residencia o sábado pasado e presentou a súa revista, Agarimo, cun pequeno oco para as vivencias burelistas de Iago Míguez.