Site icon Crónica3.com A Mariña

“O Piloto” na segunda xornada do ciclo de conferencias sobre a loita antifascista na Galiza no Valadouro

conferencias outono 2015 cO Valadouro, 16 de outubro de 2015.- O día 24 de outubro ás 20:00 horas, continúa o ciclo de conferencias sobre a loita antifascista na Galiza que se están a celebrar no salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Concello de O Valadouro. Nesta ocasión vaise proxectar o documental “O Piloto” de José Reigosa. Un documental que conta a historia de José Castro, o último Guerrilleiro morto pola Garda Civil alá polo ano 1965. Para abrir o cineforum contarase co propio guionista do traballo; José Reigosa. A cita será ás 20:00h con entrada de balde na Casa da Cultura de O Valadouro.

Exit mobile version