Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés solicita a través dunha moción a implicación do goberno municipal para solucionar a situación da antiga ECESA

Burela, a 22 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) presentou este xoves no rexistro do Concello unha moción asinada polo seu portavoz José María González Barcia, na que “se solicita que tanto o goberno municipal coma a Xunta de Galicia se impliquen na adopción de iniciativas que permitan que a actividade empresarial e productiva da actual Área Minera del Atlántico (AMA), antigua ECESA se recupere, e de paso garantir a continuidade dos postos de traballo.”

Segundo o GMP, “a moción do PP vén derivada do acordo unánime adoptado no día de onte no Parlamento a raíz de unha iniciativa do BNG sobre a situación da antigua ECESA; tomando como referencia tal iniciativa, cremos que, como corporación municipal de Burela, debemos adoptar unha postura clara e nítida ante o problema, de defensa da actividade empresarial e productiva, e polo tanto de mantemento dos postos de traballo, e temos a obriga de continuar traballando nesta liña”.

Os populares entenden que “a situación actual, de paralización da resolución por parte do xulgado do mercantil da adxudicación da unidade productiva a MIDUESA a causa de varios recursos xudiciáis, está orixinando máis incertidume se cabe á situación xa xenerada con anterioridade, o que pón en peligro a continuidade da antigua ECESA”.

Desde o GMP indican que “este asunto xa tiña que ser levado a pleno polo propio alcalde, pero ante a parálise permanente política que sofre o goberno municipal, vémonos na obriga de facelo nós. A xestión do alcalde ó respecto, a día de hoxe, é igual a cero”.

O GMP lembra que “o anterior equipo de goberno, encabezado polo alcalde, José María González Barcia, mantivo reunións cos sindicatos para abordar o problema; mesmo estivo presente nunha reunión cos sindicatos e coa administración autonómica para falar da problemátia suscitada; González Barcia tamén se reuníu en varias ocasións coa administración concursal e tamén con esta e coa propia administración autonómica. De feito, nesta mesma semana mantivo unha conversa coa administración concursal para coñecer de primeira man a situación actual do proceso. Reunións que en todo momento tentaron e tentan buscar unha solución para unha empresa que usa unha materia prima de calidade extraordinaria, que segue a ser mui demandada no exterior; unha empresa que representa moito económica e socialmente para Burela, e que forma parte do patrimonio histórico da nosa vila”.

“A día de hoxe, afirma o GMP, o alcalde e o seu equipo de goberno non mantiveron ningunha reunión nin coa administración concursal nin coa propia Xunta de Galicia, o que demostra que todo o que no seu día dixo o alcalde foi e segue sendo fume, como acostuma a pasar con todo o que o alcalde dice”.

“Polo tanto, é bon que o goberno municipal dea xa un paso adiante, e que sexa o alcalde o que lidere esta postura da corporación municipal”, indican desde o GMP.

Finalmente, o Grupo Municipal Popular manifesta que “o feito de incluir ó concello xunto coa Xunta, lóxico e razonable desde todos os puntos de vista, no ámbito dos acordos, non debe condicionar que a moción non se aprobe por unanimidade”.

Exit mobile version