Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela afirma que “o alcalde compórtase coma un hooligan: fai oposición da oposición en vez de gobernar”

Burela, a 24 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) manifestou este sábado, en relación con declaracións últimas do alcalde burelés, que “semella que o alcalde está instalado ainda na oposición e que non se deu conta de que o que tén que facer é gobernar e actuar con sentidiño. Os seus comportamentos son máis propios de un hooligan ca de un alcalde que se precie, o que resulta patético e mesmo desagradable”.

O GMP fai estas manifestacións “a conto coas últimas declaracións do alcalde respostándonos sobre a petición de documentación do espectáculo ‘Peter Pan’. Resulta lamentable que en vez de xustificar a súa xestión critique a do anterior equipo de goberno…. A este home hai que decirlle que a quen lle toca gobernar é a él, polo que é él quen tén que dar explicacións, sobre o do espectáculo indicado, sobre a negativa política de servicios sociáis, sobre o escaso número de socorristas durante o verán, ou sobre o seu radical cambio de criterio sobre o encoro de Rúa, e mesmo sobre as sesgadas e malintencionadas declaracións sobre a calidade da auga”.

“Xa sabemos, din os populares, que o del son as festas e as fotos; pero a xente non vive sólo de festas e de fotos. E falando de fotos, o alcalde están nun plan acaparador de cargos, algo que non nos parecería mal, sempre e cando atendese ó concello; porque resulta que xa non está tanto no concello como decía, a xente comenza a falar, e a verdade é que non se nota a súa falta, máis ben o contrario, parece que o concello funciona millor sen él ca con él”.

Finalmente, desde o GMP “temos que reprocharlle o escaso sentido e respecto institucional do alcalde ante a Xunta de Galicia. Non debería asistir a unha rolda de prensa do seu partido na que se critican os presupostos da Xunta para a comarca (crítica por outro lado inxustificada e totalmente carente de rigor), rolda de prensa que tivo lugar en Burela, cando resulta que os presupostos da Xunta son os millores da historia para o noso concello, ou alomenos Burela é o concello que mellor parado sale de toda a comarca. Hai que ser algo máis elegantes no exercicio do cargo, ainda que elegancia o alcalde moita non tén, e deixar que vaia o número dous, quen por certo tén moitas ganas de mandar. Pero como alcalde hai que saber o lugar que se ocupa, aínda que, evidentemente, nada influira nos presupostos da Xunta para Burela”.

Exit mobile version