Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro rexistra unha pregunta sobre dous bolardos da rúa Suasbarras de Covas

OLYMPUS DIGITAL CAMERAViveiro, 4 de outubro de 2015.- Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

Na rúa Suasbarras da parroquia de Covas, fronte a vivenda número 30 hai colocados dous bolardos na beirarrúa. Como queira que no resto da rúa na súa marxe dereita dirección Viveiro – Ferrol non hai ningún máis, e polo que lle preguntamos á Sra. Alcaldesa:

Cal é o motivo da colocación destes dous bolardos?
Teñen pensado a colocación de máis bolardos nesta marxe da rúa?
En caso afirmativo, cando pensan facelo?

Exit mobile version