Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro rexistra unha pregunta sobre o oco do barrio do Pedregal de Covas

OLYMPUS DIGITAL CAMERAViveiro, 27 de outubro de 2015.- Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes PREGUNTAS sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

O grupo municipal do PP de Viveiro, facéndose eco das demandas dos veciños do barrio do Pedregal, asi como dos da rúa Emilio Bouza Basanta da parroquia de Covas, presentamos en distintos plenos ordinarios desde os anos 2009 ata o 2015 senllos rogos e preguntas dirixidas ao Alcalde/sa, sobre a situación que estes veciños levan e seguen padecendo desde fai varios anos, como consecuencia do abandono da obra paralizada da Empresa Os Molineros, situada á beira do Bloque B das vivendas do Pedregal, en cuxo recinto ou foxo e a súa contorna, segue habendo augas estancadas de dubidosa salubridade que provocan mal cheiro, praga de mosquitos, ratas, maleza e residuos de diversa índole, así como a falta de seguridade na pechadura do citado oco.

Durante o mes de Xullo o goberno local toma a resolución de ordenar o precintado da leira ante a gran afluencia de persoas nesas datas estivais, ante a xa existente situación de perigosidade. Días máis tarde o Concelleiro-Delegado de Obras, técnicos do Concello e persoal da obra toman a decisión de rechear con escombro o oco ou foso da obra. Devandito reencho vaise realizando dun modo lento e progresivo, pero o certo é que a día de hoxe está incompleto.

Por todo o exposto preguntamos ao Goberno Local:

1 – A que acordo se chegou na reunión entre o Concello e os promotores da obra?
2 – Cando teñen previsto finalizar o recheo do oco existente?
3 – Que outras actuacións teñen previstas para arrombar a contorna desta zona?
4 – Dado que varios veciños seguen queixándose pola presenza excesiva de mosquitos e ratas, que actuacións teñen previstas para solucionar esta problemática?

Exit mobile version