Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG de Foz reúnese c@s veciñ@s de Forxán para coñecer a súa opinión sobre a última proposta de ubicación para a depuradora

O PSdeG – PSOE de Foz reúnese cos veciños de Forxán para coñecer de primeira man a súa opinión sobre a última proposta de ubicación da depuradora.

Para os socialistas, é moi importante escoitar que opinan os veciños do lugar que se vai propoñer no vindeiro pleno municipal para a ubicación desta infraestrutura.

Calquera veciño de Forxán, ou de calquera outro lugar do concello, que estea interesado neste tema, pode asistir a esta xuntanza que terá lugar o vindeiro martes 27 de outubro no Local Social de Forxán, ás 20.00 horas.

Exit mobile version