Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo consegue un punto na súa visita ó Negreira

Os celestes suman un novo punto á táboa trala súa visita a Negreira. Locais e visitantes ofreceron un partido anodino entre dous conxuntos da zona baixa e con poucas ocasións que ambos equipos desperdiciaron. Así o encontro remataba en táboas (0-0) e reparto de puntos.

Se ben é certo que os locais tiveron ocasións máis claras coa entrada no terreo de xogo de Iván no minuto 50. Despois do lanzamento dunha falta axustada ao pao que Dos Santos rexeitaba, volvía contar cunha clara ocasión no tempo engadido. Só ante o porteiro chutaba por enriba da madeira.

Os de Germán e Vilachá, pola súa banda, apostaban por manter a orde e as accións de ataque chegaron a poucos minutos do remate da primeira parte con tres saques de esquina seguidos que non lograron culminar.

Con 9 puntos mantéñense en zona de descenso tras lograr 3 solitarios puntos dos últimos 15 posibles. A 11 do líder, o Cerceda, atópanse tamén o Ribadumia, Galicia de Mugardos -que visitará na vindeira xornada o Pepe Barrera- e o Noia.

Exit mobile version