Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo FC cae ante o Barbadás no Pepe Barrera (1-3)

Terceira derrota do Ribadeo FC no Pepe Barrera esta temporada. Os celestes caían este domingo na casa ante o Barbadás por 1 gol a 3.

Con estes novos 3 puntos os visitantes colócanse líderes en solitario tras un partido marcado pola expulsión de Jacob.

Os de Germán e Vilachá afrontaban un partido de cara nos primeiros minutos para logo mostrarse lentos e imprecisos. Matelo adiantaba ós ourensáns que marcharían ó descanso coa vantaxe do 0-1 e a expulsión do xogador local.

Cun home menos, o Ribadeo lograba o empate ó comezo da segunda metade grazas a un gol de David Rodríguez. Pero, os de Peluso souberon reaccionar e Vieites -de cabeza- e Alfredo colocaron o definitivo 1-3 no electrónico.

A vindeira xornada, o Ribadeo visitará ó Choco.

Exit mobile version