Site icon Crónica3.com A Mariña

O Terras da Mariña presentábase en junior autonómica con boas impresións

lou-terrasdamariñaO equipo junior das Escolas Deportivas Lourenzá presentábase o pasado domingo 18 de outubro estreando novo patrocinio: Terras da Mariña Cooperativa Galega.

O equipo ó completo participaba no acto que contou tamén coas adestradoras, Laura Fernández e Ainhoa Vega, xunto cos presidentes das dúas entidades vinculadas Pablo Maseda (Presidente das Escolas Lourenzá) e Ramiro Chao (Presidente da A. Deportiva Salto do Coro).

O equipo debutaba en Liga Junior Autonómica diante o Costa Ártabra de Ferrol (antigo Mercedarias) causando unha boa impresión a pesar de rematar perdendo por un punto (47/48).

Exit mobile version